13 jun 2013

Un novo número de 'Ollos de aula', o nº 8, para pechar o curso

Presentámosvos o nº 8 de  Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Nesta nova entrega Manuel N. Singala, director do SNL da Universidade de Santiago, explícanos o que é un "prexuízo lingüístico"; a educadora e pedagoga Tania Merelas dános unha serie de pautas para afrontar o verán coas crianzas en familia; Lines Salgado tamén lle tira proveito ao termo "Vacacións" na sección "Palabras do ensino"; e Gracia Santorum agasállanos novamente coas súas deliciosas propostas lectoras... e non esquecemos meter na maleta do verán a nosa lingua, para que ande descalza e libre pola area...

19 feb 2013

"Pedra a pedra"


A Lingua, pedra a pedra

O cuarzo rosa é unha pedra que se pode atopar nalgúns lugares de Galicia (A Curota na Pobra do Caramiñal...) e que ten unha fermosa lenda que fala dunha rosa que se converte en pedra como proba do amor que non desaparece nunca a pesar das dificultades. Esta pedra é coñecida como a pedra do amor, da paz e da enerxía positiva. Din que é a pedra máis importante para o corazón...
A Lingua, a nosa Lingua, ten tamén unha fermosa historia de moito, moito tempo, que queremos celebrar... Talvez sexa esa rosa convertida en pedra que quere permanecer connosco.
O Chafarís quere que ti sexas unha das pedras que constrúa un futuro en positivo para a Lingua.
Regalámosche un colar cunha pedra de cuarzo rosa e, a cambio, pedímosche dúas cousas:
  1. Un pequeno compromiso persoal, realista e realizable, a prol do galego.
  2. Que cando leves o colgante e atopes alguén que tamén o leve, fagas por falar en galego.

Pon unha pedra no corazón da Lingua!

Se queres participar, fala con Buga (Profesora de Lingua Galega) Apresúrate!
Advertencia: esta actividade ten un presuposto que non se pode ampliar polo que só se garanten con total seguridade os 75 primeiros compromisos. O resto dos compromisos, de habelos, atenderanse se hai disponibilidade e por rigorosa orde de inscrición.

Bases do concurso de fotos "Saca a túa lingua".


Concurso fotográfico
Saca a túa lingua”

O ENDL Balbordo do IES Auga da Laxe organiza o concurso fotográfico “Saca a túa lingua”

Bases de participación

  1. Tomando como referencia a fotografía que dá orixe a este concurso e que forma parte da campaña, hai que facer unha fotografía de parella ou trío sacando a lingua.
  2. A foto poderá facerse con calquera tipo de dispositivo: cámara fotográfica, móbil,...
  3. Valorarase que a foto sexa espontánea, divertida e orixinal. Tamén se valorará que aparezan integradas na foto referencias á Lingua Galega.
  4. Poderá haber un tratamento infográfico da imaxe (engadir textos, obxectos,...).
  5. Poderá participar calquera membro da comunidade escolar (alumnado, profesorado, nais e pais,...)
  6. Haberá un xurado elixido polo ENDL Balbordo. A súa decisión será inapelable.
  7. O xurado poderá excluír do concurso aquelas fotografías que non se axusten ás condicións establecidas.
  8. De cada foto, a cargo do ENDL, farase unha copia en papel que será exposta no centro. Ao remate do concurso, a foto será un dos agasallos para os grupos participantes.
  9. As fotos deberán enviarse en formato jpg por correo electrónico ao enderezo balbordo.alaxe@gmail.com antes do 15 de febreiro de 2013.
  10. A decisión do xurado darase a coñecer o 21 de marzo de 2013, no Ghar Rock Café Auga da Laxe, durante o acto de celebración do Día Mundial da Poesía.


Premios

1º Premio: todos os membros do grupo recibirán unha camiseta de normalización (Ghar Rock ou similar), unha entrada para o cine, un bono-zume e unha ampliación da foto gañadora.
2º Premio: todos os membros do grupo recibirán unha camiseta de normalización (Ghar Rock ou similar), un bono-zume e unha ampliación da foto gañadora.
O xurado poderá, se a calidade das fotos presentadas é elevada, establecer algún tipo de accésit.

Bases do IV concurso de haikus. 2013

24 ene 2013

Recitando Celso Emilio no IES Escolas Proval

Vídeo do acto realizado no Instituto o 12 do 12 de 2012 ás 12, que consistiu no recitado do poema Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferrereiro, por alumnos e alumnas da ESO, do bacharelato e dos Ciclos Formativos de Administrativo e Electrónica.
Postprodución do vídeo: Raúl Costas, de 2º bacharelato humanístico e de ciencias sociais.

21 ene 2013

Ola amigos, estamos a finais do primeiro mes do ano, xa falta pouco para o festival do entroido, espero que teñades preparados os disfraces e quen aínda non saiba de que irá (coma min xP ) pois pensemos axiña haha.
Un saúdo de parte do departamento. :)

14 ene 2013

Fotos recital 12-12-12

Quérovos pedir desculpas por subir as fotos a estas alturas, un mes máis tarde do previsto...pero mellor tarde que nunca, aquí volas deixo, olleádeas, comentade. :)